InicioPolíticaA Deputación de Lugo: "O PP aproba salarios de 57.000 euros no...

A Deputación de Lugo: “O PP aproba salarios de 57.000 euros no Suplusa con Martínez”

O organismo provincial censura que os populares rexeitasen a súa disolución

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo censurou o “espectáculo público preparado para o pleno” celebrado este martes e lamentou que “a porta pechada o Partido Popular aproba que Suplusa custe aos lucenses máis de 100.000 euros e rexeita a súa disolución”.

“O PP mente, dicindo que abandonou o pleno para non tratar a disolución de Suplusa pola falta dun deputado, pois xa non se podía debater ao non estar na sesión plenaria a maioría absoluta da corporación que se require para facelo e ao non ser válido o voto de calidade do presidente por tratarse dun asunto de urxencia, tal e como dita a lei”, expón.

Pola contra, critica que “seguidamente, na xunta xeral de Suplusa, que é privada, e á que o goberno levou a mesma moción de urxencia, o PP votou en contra da disolución de Suplusa e aprobou que este organismo custe aos lucenses máis de 100.000 euros”.

“É evidente que o Partido Popular preparou toda unha escena teatral no pleno para non falar publicamente dos 100.000 euros que fai pagar a todos os lucenses por manter un organismo que non é útil ao veciños pero si ao PP”, sostén o goberno provincial.

Neste sentido, reproba que “o PP aprobou na xunta xeral de Suplusa salarios superiores aos 57.000 euros e aos 41.000, que nunca existiron neste organismo, así como dietas de 151 euros por asistir a calquera reunión que decidan convocar”. Informa a maiores de que o conselleiro do BNG foi substituído por un do PP e de que o tres do goberno tamén abandonan Suplusa, “polo que serán substituídos”.

EXPULSIÓN DE MARTÍNEZ

Estes feitos a denuncia nunha xornada na que o protagonismo llo levou o alcalde de Becerreá e exdiputado provincial do PSOE, Manuel Martínez, quen foi expulsado no pleno da Deputación. Posteriormente foi desaloxado do salón de plenos da Deputación de Lugo após un novo enfrontamento co presidente da institución, o socialista Darío Campos.

A Deputación ordenou a súa expulsión do pleno provincial por interromper o debate cando se abordaba a relación de postos de traballo (RPT) da institución.

Nunha anterior ocasión, a RPT non obtivo luz verde pola o unirse os votos do PP e de Martínez, pero neste caso saíu adiante coa abstención dos populares. En todo caso, o deputado díscolo xa fora expulsado do pleno e, pouco despois, reapareceu na bancada de convidados, de onde foi desaloxado por dous membros de seguridade do Pazo Provincial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...