InicioLugo e contornaLugoO PP denuncia “enchufismo” na Deputación e Darío Campos acúsao de “embarrar”...

O PP denuncia “enchufismo” na Deputación e Darío Campos acúsao de “embarrar” a política

Os socialistas acusan aos populares de tentar tapar os seus problemas internos na provincia con esta "guerra sucia".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O nomemamento de Sonia Méndez, ex deputada provincial e primeira tenente de alcalde con Orozco, como “técnica de administración xeral” na Deputación de Lugo acaba de desatar unha nova guerra entre populares e socialistas.

Os populares acusan ao PSOE de “dar continuidade á axencia de colocación de amigos que tiña Besteiro e que Campos está a perpetuar” na Deputación de Lugo coa incorporación de quen “foi a man dereita de Orozco no Concello”.

Unha denuncia que o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, non tardou en respostar acusando aos populares de “facer unha campaña sucia”, “unha guerra sucia”. “Sonia Campos leva aquí máis de seis meses e hai dez persoas no seu mesmo caso”. “Houbo un proceso selectivo e non se mira a condición persoal nin política de ninguén”, suliñou.

Supoño que dentro dos seleccionados haberaos que voten ao PP, ao PSOE ou ao BNG. Son procesos selectivos abertos e transparentes”, resolveu ao tempo que acusou ao PP de “caza de bruxas” e de tentar tapar os problemas internos que teñen na provincia “embarrando” a política.

Non é a primeira vez que o PP fai estas denuncias, sobre todo, cando se aproximan campañas electorais. Aconteceu o mesmo durante o bipartito na Xunta, cunha campaña que apoiaron os grandes medios de comunicación denunciando o suposto “despilfarro” de socialistas e nacionalistas, e acontece agora tamén na Coruña e Santiago contra os gobernos das mareas.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...