InicioEconomíaOs parques de bombeiros comarcais deixarán de estar xestionados por empresas

Os parques de bombeiros comarcais deixarán de estar xestionados por empresas

O Consorcio Provincial de Bombeiros aproba a xestión directa dos parques de bombeiros comarcais, o que suporá un aforro anual estimado de 260.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou por unanimidade pasar a xestionar directamente os parques de bombeiros comarcais. Será a partir do primeiro de maio, cando rematan os contratos coas empresas privadas que hogano se ocupan deles. A medida, proposta pola Deputación de Lugo e acordada coa Xunta de Galicia, suporá un aforro de 260.000 euros anuais. 

A xestión directa dos parques de bombeiros comarcais, en Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada, implica a subrogación de 117 profesionais e a mellora das condicións laborais. Entre outros avances, estes 75 combeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque pasarán a ser considerados profesionais en actividades de risco. Ademais, consolidarase a equiparación salarial acordada a finais de maio, de xeito que os profesionais cobrarán o mesmo ca os homólogos de Ourense.

O cambio na xestión baséase nos informes realizados pola Deputación, e que confirman a viabilidade do modelo público para os parques de bombeiros. O proceso partiu das autoridades provinciais de Lugo, A Coruña e Pontevedra. En 2016, a Xunta de Galicia accedeu a permitir o cambio sempre e cando non supuxera un aumento no custe nin a diminución na calidade do servizo, ademais de garantir os dereitos dos empregados.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...