InicioSociedadeEsixen repetir as eleccións no Colexio de Odontólogos de Lugo tralo fallo...

Esixen repetir as eleccións no Colexio de Odontólogos de Lugo tralo fallo do TSXG

A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a anulación da convocatoria e ordena un novo proceso para escoller o presidente do Colexio de Odontólogos de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A representante legal de Alfonso Santalices cominou á repetición das eleccións do Colexio de Odontólogos de Lugo a raíz da sentenza do alto tribunal galego que anula o proceso. Os comicios, nos que saíu escollido Alejandro López Quiroga, perdendo Santalices por un voto, chegaran aos xulgados pola destrución de doce votos emitidos por correo, ademais da polémica pola constitución da mesa electoral.

Como consecuencia do fallo xudicial, a letrada Cristina Pérez Salgado asegura que queda confirmada a nulidade da acta electoral, polo que a repetición da convocatoria é obrigatoria. “Non fai falla interpretar nada porque o din moi claro as dúas resolucións xudiciais”. Malia todo, a avogada que representa a Santalices di que están preparados en caso dun recurso de casación perante o Tribunal Supremo.

De así acontecer, Santalices podería pedir “a execución provisional” do veredito, un extremo do que se descoñecen as consecuencias xurídicas, confirmou a letrada lucense. Pérez Salgado advirte de que, se a outra parte non recorre a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, só cabe cumprir coa repetición das eleccións, sexa voluntariamente ou a través da petición de execución forzosa.

A loita xudicial orixinouse por mor da destrución de doce votos emitidos por correo e declarados nulos pola mesa electoral. A constitución da propia mesa foi tamén posta en dúbida no marco dos comicios, celebrados o 23 de xuño do 2016, e que outorgaron a presidencia do Colexio de Odontólogos a Alejandro López Quiroga.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...