InicioMedioambiente e PatrimonioO Goberno apoiará a candidatura do casco histórico de Lugo a Patrimonio...

O Goberno apoiará a candidatura do casco histórico de Lugo a Patrimonio da Humanidade

De prosperar a declaración, o casco histórico sería o cuarto Patrimonio da Humanidade de Lugo e acadaría a categoría que ostenta o de Santiago de Compostela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A visita da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, serviu para acadar o compromiso do Goberno a prol da declaración de Patrimonio da Humanidade do casco histórico de Lugo. A candidatura estará complementada polo expediente de recoñecemento da capital lucense como Cidade Gastronómica, e a localización do Centro de Estudos da Cidade no Vello Cárcere.

Despois do encontro co empresariado, os comerciantes e os emprendedores no CEI Nodus, no que trasladou as medidas de apoio do Ministerio, a responsable gubernamental confirmou o soporte do executivo central á candidatura para declarar o casco histórico lucense Patrimonio da Humanidade. Maroto valorou esta aposta pola contribución a “crear riqueza e valor coa entidade de Lugo”, situando á cidade “como referente turístico”.

En caso de prosperar a petición perante a Unesco, o casco vello sería o cuarto Patrimonio da Humanidade de Lugo, despois da Muralla, a Catedral e o Camiño Primitivo, cun nivel de protección equivalente ao do centro histórico de Santiago de Compostela. Para acadar este fito, o Concello asinará “de inmediato” un convenio co Centro de Estudos da Cidade da Universidade de Santiago de Compostela para preparar a candidatura.

Ademais, o acordo coa institución compostelá incluirá asemade a elaboración dun expediente para o recoñecemento de Lugo como Cidade Gastronómica, e a localización do propio Centro de Estudos no Vello Cárcere. A alcaldesa Lara Méndez valorou “a boa acollida” da candidatura por parte da ministra, porque “queremos impulsar o crecemento do sector turístico de maneira sostible, poñendo en valor o noso patrimonio material e inmaterial”.

Industria non corresponde a expectativa do emprendemento lucense

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...