InicioEconomíaAs Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

As actividades subvencionables a realizar polas entidades beneficiarias son aquelas destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución relativa ás axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización destas tarefas en Galicia. As achegas ascenden a un millón de euros e benefician ás Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra.

En concreto, esta liña de axudas pretende compensar, en parte, os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, “atendendo aos importantes beneficios que o sector no seu conxunto recibe pola implantación xeneralizada deste sistema”.

Así, as actividades subvencionables a realizar polas entidades beneficiarias son aquelas destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras.

Todo iso para determinar o valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais, no marco dun programa de cría aprobado oficialmente para a raza, segundo debullou a Xunta nunha nota de prensa.

Con todo, sinalou que este control de rendemento leiteiro ten unha “influencia directa” no futuro do sector lácteo galego “como base da mellora xenética nos esquemas de selección” e desde o punto de vista da sustentabilidade e rendibilidade económica das explotacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...