InicioLugo e contornaLugoGaliza Nova reclama a vixencia das ideas nacionalistas no 100 aniversario das...

Galiza Nova reclama a vixencia das ideas nacionalistas no 100 aniversario das Irmandades da Fala en Lugo

A vixencia do pensamento nacionalista, a evolución organizativa do mesmo e o contexto do feminismo actual de cara o 8M foron temáticas abordadas polas mozas nacionalistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Máis de medio cento de mozas participaron esta fin de semana nas XX Xornadas de Historia da Galiza organizadas por Galiza Nova,  organización xuvenil do BNG, na cidade de Lugo. Lembrando a celebración nesta cidade en novembro do 1918 da Asemblea Nazonalista de Lugo levaron por “100 anos do nacionalismo galego” lembrando.

“Desde Galiza Nova consideramos fundamental que a mocidade nacionalista teña as chaves necesarias para poder analizar os diferentes contextos políticos aos que nos enfrontamos no noso dia a dia. É por iso que desde hai 20 anos organizamos estas xornadas, das que neste 2019 saímos com máis capacidade de análise e actuación política” Sinalou Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova.

As XX Xornadas de Historia da Galiza deron comezo coa benvida por parte de Alexandre Espiño, Responsábel Comarcal de Galiza Nova Lugo e por Olalla Rodil, deputada no Parlamento Galego polo BNG e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova.

Un dos principais obxectivos fixados pola XV Asemblea Nacional de Galiza Nova foi redobrar a aposta póla formación teórica e práctica da militancia. Neste senso, nestas xornadas tratouse a vixencia do pensamento nacionalista e as súas análises ao longo do tempo e das circunstancias do noso país.

Ademais desenvolvéronse palestras e debates sobre a evolución organizativa do nacionalismo galego, sobre a historia e momento actual do feminismo en Galiza, así como talleres de comunicación e práctica política. Ademais tamén se organizou unha visita guiada á Casa Museo Manuel María na veciña localidade de Outeiro de Rei.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...