InicioMovementos sociaisLugo Sen Mordazas defende manter o réxime de sancións actual

Lugo Sen Mordazas defende manter o réxime de sancións actual

A plataforma anima ao comercio local a colaborar na recollida de firmas contra o que consideran un retroceso das liberdades e os dereitos civís – Existen dúbidas acerca do encaixe legal dalgunhas medidas, en especial as que afectan a menores e criminalizan a colectivos desfavorecidos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Lugo Sen Mordazas naceu o 15 de abril da man de trinta colectivos sociais, asociacións culturais, organizacións sen ánimo de lucro, políticas e sindicais. Esixen ao goberno local do Partido Socialista e ao resto de forzas presentes na corporación municipal a retirada do proxecto de Ordenanza Cívica. Defenden que hai que «botar abaixo» a alcumada Ordenanza Mordaza por ser contraria aos dereitos civís e conter elementos inconstitucionais.

Cada luns celebran asambleas na Praza Maior con representantes das trinta asociacións. A consigna é non decaer, xuntar ao maior número de lucenses e conseguir unha enmenda á totalidade da Ordenanza. Coma explican dende o equipo xurídico da plataforma, non se trata de eliminar as sancións, mais de manter as xa existentes. Consideran que é abondo coas normas menos restrictivas en vigor, que xa contemplan castigos económicos, coma a Ordenanza de Medio Ambiente.

O vindeiro paso é atraer aos comercios locais para que apoien simbolicamente o movemento e, de ser posible, recollan firmas. Estes días repartiron unha media de 500 folletos diarios e tamén estarán o sábado na Festa da Tinería, un dos eventos que promociona o Concello e que, alertan, entraría en conflito coa Ordenanza. Na plataforma opinan que o executivo local está a demorar a entrada en vigor da norma polas dúbidas xurídicas, e temen que a aprobación se realice en agosto, intre de menor interés polos asuntos públicos.

Intre da asamblea da plataforma Lugo Sen Mordazas | Óscar Bernárdez

Dende a plataforma aseguran que o novo ordenamento ten un referente claro na Lei Mordaza. Advirten de que existen incompatibilidades legais e que o réxime de sancións depende arbitrariamente do criterio da Policía Local. Estes aspectos están vencellados coa responsabilidade penal de menores, o permiso ás forzas de seguridade para acceder a domicilios, a presión para que sexan os veciños os que denuncien baixo ameaza de castigo económico, ou a persecución a quenes piden esmola na vía pública ou durmen nos bancos.

Por estas razóns, Lugo Sen Mordazas pelexará pola retirada do proxecto e chegado o caso presentaría un recurso contra a Ordenanza. Ata o de agora, Partido Socialista, Partido Popular e Ciudadanos son as formacións a favor da aprobación dunha norma que xurdiu para afrontar o ‘problema’ dos gorrillas no HULA, e conta co soporte de varios círculos empresariais lucenses.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...