InicioMedioambiente e PatrimonioO busto de Xoán Montes, o gran músico de Lugo, pasa á...

O busto de Xoán Montes, o gran músico de Lugo, pasa á Praza Maior

O tecido cultural pedía que a efixie de Xoán Montes volvese á Praza de Santo Domingo, mais ficará finalmente no espazo máis privilexiado de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O busto de Xoán Montes cambia o parque de San Roque por un lugar emblemático, da máxima categoría, como corresponde ao músico máis insigne de Lugo. Trala petición do tecido cultural da cidade, a efixie realizada por Eugenio Duque pasará ao fondo da Praza Maior, enclave rodeado de varios dos escenarios máis importantes na traxectoria de seu.

O traslado será aprobado este mércores pola xunta de goberno local, cambio que asemade implica a substitución, nos xardíns de San Roque, por unha peza alusiva á época romana, hogano no balneario. De inicio, o busto de Xoán Montes fora instalado na Praza de Santo Domingo, un lugar de relevancia pública e no que estaba a casa natal.

Xoán Montes comparte con Gustavo Freire a condición de músico máis importante na historia de Lugo, sendo ademais un dos máis influentes na España do século XIX. En tempos, Alfredo Brañas o comparara con Rosalía de Castro. A popularidade deste virtuoso da música era tal que a escultura foi pagada pola cidadanía de Lugo.

A concelleira de Cultura, Carmen Basadre, valora a escolla da Praza Maior pola proximidade do edificio do Seminario, no que recibiu a formación musical, o Círculo das Artes, onde traballou como pianista, a Catedral, da que foi mestre de capela, e do templete, lugar no que cantou co Orfeón Lucense. A previsión do Concello é acometer o traslado do busto de Xoán Montes antes de abril.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...