InicioLugo e contornaO PP reclama ao Goberno solucións ante a "grave deterioración" da N-6...

O PP reclama ao Goberno solucións ante a “grave deterioración” da N-6 en Becerreá

Os senadores populares rexistran unha batería de preguntas tras as queixas dos veciños polo mal estado do firme entre Cruzul e Guillén, que consideran un risco para a seguridade viaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, reclamaron ao Goberno Central explicacións e solucións ante a “grave deterioración” da estrada nacional N-6 ao seu paso por Becerreá. Tal e como trasladou o PP nunha nota de prensa, os senadores rexistraron, a petición do portavoz de Becerreá, José Fernández Carrete, unha pregunta dirixida ao Goberno.

Segundo expuxeron, o tramo afectado dá acceso aos núcleos de Cruzul, Ousón e Guillén, sendo unha vía “fundamental” para a mobilidade diaria de “numerosos veciños” que “levan tempo sufrindo as consecuencias dun firme en moi mal estado”. En concreto, a zona degradada sitúase entre os puntos quilométricos 464+700 e 467+200, onde o pavimento presenta fochancas e firme desfeito que, segundo denuncian, “dificultan a circulación e supoñen un risco para a seguridade viaria“.

Así mesmo, os representantes populares advertiron do malestar da veciñanza porque este tramo “leva moito tempo acumulando danos sen que o Goberno actúe”. Por iso, os senadores lucenses preguntaron ao Executivo que actuacións concretas ten previsto acometer para solucionar as deficiencias do firme neste tramo da N-6 e, especialmente, en que prazos pensa facelo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...