InicioSociedadeRestablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura "intencionada"...

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A fractura obrigou a suprimir parcialmente dous Media Distancia e causou atrasos noutros catro trens durante a xornada do sábado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo (Lugo) —a pouco máis de 10 quilómetros da capital provincial—, quedou restablecida a media tarde do sábado tras ser interrompida pola rotura “intencionada” dunha catenaria e un posterior desprendemento de ménsula.

O suceso obrigou a suprimir parcialmente dous trens de Media Distancia (MD) e a transportar aos seus viaxeiros por estrada entre Monforte e Lugo, segundo informou o Adif a través da rede social ‘X’. Tamén se viron afectados tres trens de Longa Distancia (LD), cun atraso medio de 17 minutos, e outro MD, que sufriu unha demora de 10 minutos sobre o seu horario previsto.

A entidade estatal informou do acontecido ao redor das 13.00 horas deste sábado e asegurou que a fractura —que se produciu en varios puntos da rede— sería “intencionada”, aínda que polo momento se descoñece que ou quen a ocasionou. Adif tamén detallou que o suceso se localizou no treito comprendido entre Laxosa, Pobra de San Xiao (parroquia de Láncara) e Sarria.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...