InicioSucesosUnha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

O lume orixinouse na planta baixa da vivenda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas, entre elas un menor, tras un incendio nunha vivenda no municipio lucense de Palas de Reis, na parroquia de San Xiao do Camiño.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 06.15 horas deste luns e foi un dos afectos o que deu a voz de alarma e detallou que a súa casa estaba a arder e que no interior había varios membros da súa familia. A central de emerxencias mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil.

Unha vez no punto, os axentes da Garda Civil advertiron de que unha das persoas non puido saír da vivenda. Pola súa banda, os bombeiros traballaron para atallar o lume que se orixinou na parte baixa do inmoble e calcinou o soportal de madeira e diversos adornos de Nadal. Os profesionais sanitarios, que mobilizaron ata o punto dúas ambulancias, confirmaron o falecemento dunha muller de 51 anos que foi localizada nunha das habitacións. Así mesmo, cinco persoas, entre elas un menor, foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA).

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...