InicioPolíticaLugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública:...

Lugo, ás portas de ser sede da Axencia Estatal de Saúde Pública: o PPdeG reclama apoios e denuncia o “desprezo” de Sánchez a Galicia

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, defende que a cidade conta cun "ecosistema biosanitario único" e acusa ao Goberno central de "desprezar" a Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, avanzou este xoves que os populares acordaron levar ao Parlamento o apoio á candidatura de Lugo como sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública para consolidar Galicia e a capital lucense como “referente na prevención e no control e vixilancia das enfermidades”.

En rolda de prensa este xoves, Pazos Couñago destacou que se trata dunha axencia “crave” para o “fortalecemento do sistema nacional de saúde”, mellorar a coordinación institucional e para a protección da saúde dos cidadáns. Así, defendeu a súa implantación en Lugo pola súa situación “privilexiada” no noroeste peninsular, así como porque presenta “unhas condicións particulares que a fan idónea”.

Entre elas, o portavoz popular puxo en valor que conta cunha universidade con “ampla traxectoria no ámbito biosanitario, un referente en saúde e seguridade alimentaria” e os novos centros sanitarios como o Centro Integrado de Saúde e o Hospital Universitario Lucus Augusti.

Así mesmo, Alberto Pazos reivindicou que foi a deputada popular Elena Candia a que impulsou esta proposta. “Traballamos intensamente para que Lugo sexa a sede definitiva desta axencia estatal e consideramos que a descentralización de organismos estatais representa unha oportunidade para fomentar a cohesión territorial e para ofrecer oportunidades a cidades da España interior“, subliñou.

Por todo iso, dixo agardar que esta solicitude teña “o máximo respaldo” de todos os grupos da oposición na Cámara galega para que Lugo “poida iniciar unha nova etapa de decisións favorables desde o Goberno central” despois de “os reveses e abandonos” que, na súa opinión, “sofre por outras decisións adoptadas polo Goberno central” como, exemplificou, as que “impediron a implantación de importantes proxectos industriais coa escusa de castigar o proxecto de Altri”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...