InicioSociedadeO PP denuncia falta de medios policiais en Lugo e critica que...

O PP denuncia falta de medios policiais en Lugo e critica que o Goberno “favorece aos delincuentes”

A criminalidade na cidade de Lugo creceu un 32,4% e as agresións sexuais con penetración multiplicáronse por catro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP da provincia de Lugo alertou publicamente dun “forte incremento” da criminalidade, tanto na provincia como no municipio, unha situación que se agrava pola “grave carencia” de medios humanos e materiais nas forzas de seguridade, incluídas a Policía Nacional e a Garda Civil. O deputado no Congreso, Francisco Conde, criticou duramente o Goberno central por estar “máis preocupado por favorecer aos delincuentes que aos cidadáns”.

Segundo os datos detallados por Conde, correspondentes ao período xaneiro-setembro entre 2018 e 2025, a seguridade dos lucenses viuse seriamente comprometida, xa que a criminalidade total aumentou un 34,9% na provincia. O deputado fixo fincapé na alarma que supón o aumento do 62% nos delitos contra a liberdade sexual nese mesmo período. Ademais, subliñou que no último ano o aumento da criminalidade na provincia (3,2%) é un 31,25% superior ao rexistrado no conxunto de Galicia (2%).

Neste contexto, a cibercriminalidade é o fenómeno de maior crecemento, sumando 1.863 infraccións no último ano, o que xa representa o 25,7% do total provincial. Conde mostrouse especialmente preocupado por este incremento de delitos graves e os vinculados a contornas dixitais. A tendencia reflictese na capital, a cidade de Lugo, onde a criminalidade creceu un 32,4% entre 2018 e 2025. As infraccións por cibercriminalidade aumentaron un 24,1% no último ano, e as agresións sexuais con penetración multiplicáronse por catro nun só ano.

Finalmente, o PP concluíu que o Executivo estatal prioriza os seus pactos políticos e a xestión dos seus casos de corrupción, no canto de reforzar a seguridade e proporcionar máis medios aos Corpos de Seguridade do Estado, mentres Lugo padece un aumento da delincuencia moi por riba da media galega.

+ posts

ÚLTIMAS

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...

Lugo estreará “As rúas do vento ceibe”, proxecto musical con máis de 300 voces arredor de poemas de Manuel María

O Auditorio Fuxan Os Ventos de Lugo acollerá o vindeiro 15 de maio o...