InicioSucesosCampaña para recadar fondos ante posibles multas aos detidos polas protestas na...

Campaña para recadar fondos ante posibles multas aos detidos polas protestas na Vuelta en Lugo

No caso de que a cantidade recadada supere o necesario, aseguraron que se comprometen a doar o restante á causa palestina

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Lugo por Palestina iniciou unha campaña para recadar fondos ante as multas que prevén para o oito persoas detidas nas protestas no Corgo contra a presenza do equipo Israel Premier Tech na Volta o pasado mes de setembro.

Nun comunicado, sinalaron que as persoas detidas foron chamadas a declarar o próximo mes de decembro por un delito de desorde pública, polo que, segundo trasladaron, abriráselles expediente administrativo e Comisión Antiviolencia solicita multas de entre 3.000 e 5.000 euros por persoa.

Así mesmo, neste comunicado lembraron que a estas oito persoas detidas no Corgo súmanse outras dúas na etapa de Monforte, así como outro tres que foron identificadas. En total, 13 persoas na provincia de Lugo para as que demandan a absolución. Ademais, denunciaron a “falta de coherencia” do Goberno central, que “publicamente mostrou o seu apoio ás protestas” á vez que “criminaliza”.

Por todo iso, fixeron un chamamento para poder afrontar as multas propostas, así como os gastos xudiciais previstos, para o que facilitaron unha conta en Caixa Rural Galega (É60 3070 0032 9764 4952 6927). No caso de que a cantidade recadada supere o necesario, aseguraron que se comprometen a doar o restante á causa palestina.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...

Denuncian novo colapso nas Urxencias do HULA

Celadores e celadoras do HULA denuncian un novo colapso nos corredores das Urxencias do...