InicioLugo e contornaLugoXornada sobre técnicas RCP este xoves en varios lugares de Lugo

Xornada sobre técnicas RCP este xoves en varios lugares de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, subliñou que "a implicación da cidadanía é esencial para consolidar a Lugo como unha cidade cardiosaludable e comprometida co benestar común

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo, a través da área de Cohesión Social, organiza a segunda edición do Maratón de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) ‘Lugo con Corazón’, unha xornada aberta e gratuíta que busca achegar á poboación as técnicas básicas de primeiros auxilios e promover o coñecemento e uso dos desfibriladores públicos instalados en distintos puntos da cidade.

A actividade desenvolverase este xoves, 16 de outubro, en horario de mañá (de 11.00 a 14.00 horas) e tarde (de 16.30 a 19.30 horas), en diversas prazas e parques de Lugo, que se transformarán durante ese día en auténticos espazos de aprendizaxe cidadá.

O evento conta coa colaboración do Colexio oficial de Médicos de Lugo, o Colexio de Enfermaría e o Servizo de Cardiología do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), e enmárcase no programa municipal ‘Lugo con Corazón’, unha iniciativa pioneira de prevención e formación en saúde cardíaca.

Durante a xornada, o público poderá aprender a recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, practicar as manobras básicas de reanimación e coñecer o funcionamento dos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA). As sesións serán completamente gratuítas e sen necesidade de inscrición previa, cun enfoque didáctico e participativo.

As actividades desenvolveranse de maneira simultánea en 14 localizacións da cidade: praza Maior, Horta do Seminario, Augas Férreas, Agro do Rolo, praza das Illas, Centro Comercial Abella (soportais), parque de Paradai, praza do Camiño Primitivo, praza Roxa, praza do Castiñeiro, Fonte dos Ranchos, praza da Milagrosa, parque do Sacro Corazón e a praza-xardín entre Manuel María e o Túnel de Oural (Fonte das Lavandeiras). Todos eles son espazos céntricos e accesibles, escollidos para facilitar a participación do maior número posible de veciños.

A concelleira de Cohesión Social, Olga López Racamonde, destacou que con este tipo de iniciativas “queremos achegar á cidadanía coñecementos básicos de RCP e normalizar o uso dos desfibriladores como ferramentas que salvan vidas. O máis importante é saber reaccionar nos primeiros minutos dunha parada cardiorrespiratoria, porque unha resposta rápida pode ser decisiva”.

Pola súa banda, o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, subliñou que “a implicación da cidadanía é esencial para consolidar a Lugo como unha cidade cardiosaludable e comprometida co benestar común. Actividades como esta contribúen directamente a salvar vidas e a reforzar a conciencia colectiva sobre a importancia da prevención”.

Actualmente, Lugo conta cunha rede de 67 desfibriladores distribuídos por toda a cidade, o que a converte na cidade máis cardioprotegida do noroeste peninsular, triplicando a media nacional neste tipo de dispositivos. Deles, 11 están situados en espazos públicos, 10 son portátiles e instálanse en vehículos da Policía Local e de Bombeiros, mentres que o resto atópase en centros sociais, deportivos, culturais e edificios municipais.

Con este II Maratón de RCP ‘Lugo con Corazón’, o Concello reafirma o seu compromiso cun modelo de cidade solidaria, saudable e preparada para actuar ante emerxencias, onde a formación, a prevención e a participación veciñal convértense en alicerces fundamentais do benestar común.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...