InicioLugo e contornaLugoAcordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O alcalde lamenta que se "tardou tanto tempo en avanzar en leste acordo" pero valorou o paso dado nesta reunión

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra de Meira, unha actuación enmarcada no Plan Paradai, cun investimento de 937.000 euros. A conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantiveron este martes unha reunión de traballo co alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, para avanzar no proxecto de mellora desta vía.

Durante o encontro, a conselleira trasladou ao rexedor o “compromiso firme” da Xunta con esta intervención e presentou a proposta de convenio para a súa execución, que contempla un investimento superior a 937.000 euros. Allegue confirmou ademais que o proxecto de execución está practicamente listo para a súa presentación oficial ao Concello, e que o Goberno autonómico asumirá o 100% do financiamento.

O proxecto prevé a mellora e ampliación da rúa Serra de Meira no tramo comprendido entre as glorietas de Serra de Meira e da avenida Adolfo Suárez. As obras incluirán a pavimentación da calzada, a execución de novas beirarrúas, a renovación das sendas peonís e zonas axardinadas, a instalación de mobiliario urbano e a actualización dos servizos municipais.

Tamén se contempla a reposición e mellora das redes de saneamento -con separación de augas pluviais e residuais-, abastecemento de auga, telefonía, electricidade e iluminación pública, así como a renovación da sinalización vertical e horizontal. O alcalde de Lugo cualificou a reunión como “moi produtiva” e destacou que, tras moitos anos de espera, “por fin dáse un paso importante nun proxecto moi necesario para a cidade, especialmente para os barrios do leste, que levan tempo reclamando esta actuación”.

“O obxectivo é mellorar unha das principais vías de conexión da zona este e ofrecer aos veciños unha infraestrutura moderna, segura e acorde co que Lugo merece”, afirmou o rexedor, quen lembrou que tanto o Concello como a Confederación Hidrográfica “cumpriron o seu parte” e agora “é a quenda da Xunta”.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...