InicioLugo e contornaLugoDeteñen un home en Lugo que golpeou a unha muller contra un...

Deteñen un home en Lugo que golpeou a unha muller contra un coche e a insultou

Os feitos producíronse na madrugada do pasado domingo na rúa Xosé Novo Freire e o arresto produciuse tras unha chamada ao 092 que alertou sobre un caso de violencia de xénero na vía pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a un home como autor dun presunto delito de violencia de xénero despois de que varias testemuñas observasen como golpeaba a unha muller contra un coche e profería insultos contra ela “de extrema gravidade”.

Os feitos producíronse na madrugada do pasado domingo na rúa Xosé Novo Freire e o arresto produciuse tras unha chamada ao 092 que alertou sobre un caso de violencia de xénero na vía pública.

Os axentes, ademais de proceder á detención do home, ofreceron acompañamento á vítima que preferiu non acudir nese momento ás dependencias policiais, optando por regresar ao seu domicilio, sendo informada os pasos a seguir.

OUTRAS ACTUACIÓNS

Noutra orde de cousas, axentes da Policía Local e da Nacional realizaron dúas inspeccións en locais de lecer por, supostamente, levar a cabo a súa actividade fose do horario permitido, operando como after-hours en zonas residenciais da cidade.

As inspeccións culminaron coa identificación de 25 persoas e a apertura de dúas actas por tenencia de sustancias de estupefacientes e outras dúas por desobediencia ou falta de respecto a axentes actuantes.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...