InicioSucesosMorre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en Rábade por un tren que cobre a ruta entre Ourense e A Coruña, segundo informou 112 Galicia. Sobre as 22.00 horas persoal de ADIF alertou aos servizos de emerxencias de que un tren de viaxeiros acababa de atropelar a unha persoa no paso a nivel xunto ao apeadeiro de Rábade.

Inmediatamente, o Centro de Atención Integrada de Urxencias solicitou a colaboración de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, o Corpo de Bombeiros de Vilalba e a Garda Civil. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia non puideron facer nada para salvar a vida da muller.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Xulgan en Lugo un home ao que lle acharon máis de 16 quilos de cocaína e 9,5 de heroína

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 8 de setembro,...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...