Home Lugo e contorna Un pai conducía ebrio cos seus tres fillos menores en Lugo

Un pai conducía ebrio cos seus tres fillos menores en Lugo

0
Un pai conducía ebrio cos seus tres fillos menores en Lugo
Axentes da Polícía Local de Lugo. POLICÍA LOCAL DE LUGO

A Policía Local de Lugo interceptou a semana pasada a un pai que conducía baixo os efectos do alcol cos seus tres fillos menores de idade no vehículo. Segundo apunta o corpo de seguridade nun comunicado, esta situación reviste “especial gravidade” xa que no coche viaxaban tres menores mentres o seu proxenitor circulaba tras inxerir alcol.

Tamén a Policía Local detectou a outro condutor que deu positivo en alcol e en THC e que circulaba sen carné. Entre outras amoestacións, os axentes interceptaron en Lugo a un home que viaxaba en patinete utilizando o móbil e con claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol. Con todo, o home negouse a someterse á proba, sendo denunciando por esta infracción.

+ posts