InicioPolíticaO PP esixe ao Goberno que a provincia de Lugo estea no...

O PP esixe ao Goberno que a provincia de Lugo estea no mapa das infraestruturas ferroviarias

PUBLICADA O

- Advertisement -

O senador por Lugo e coordinador xeral do Partido Popular provincial, José Manuel Balseiro, defenderá o vindeiro luns unha moción na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible en relación co desenvolvemento do proxecto do Corredor Atlántico Ferroviario en Galicia. Nun comunicado, Balseiro lamentou que o Executivo estatal “estea centrado nos seus problemas” en lugar dos problemas da xente e dos territorios.

Precisamente, detallou, as necesidades dos galegos e dos lucenses “non forman parte” da orde do día dos Consellos de Ministros, pero “si o estarán no Senado e no Congreso a iniciativa do PP. É unha obviedade que o Goberno gasta máis tempo en defenderse de casos de corrupción que en sacar adiante os orzamentos xerais do Estado ou de debater os problemas, por exemplo da provincia de Lugo, que corre o risco de descolgarse das grandes autovías ferroviarias europeas e nacionais”, asegurou.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...