InicioCulturaAfundación presenta en Lugo as mellores fotografías da vida salvaxe

Afundación presenta en Lugo as mellores fotografías da vida salvaxe

A obra social de Abanca expón na cidade as 84 mellores instantáneas do concurso European Wildlife Photographer para concienciar sobre a vida salvaxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

Con máis de 18.000 imaxes presentadas, o certame European Wildlife Photographer of the Year é o referente da fotografía da natureza no continente. Afundación recolle os 84 mellores traballos sobre a vida salvaxe de 1.300 profesionais de 39 países diferentes, que poderán visitarse na sede da Obra Social de Abanca en Lugo (Praza Maior, 16).

A apertura prodúcese este luns 14 de xaneiro, e continuará aberta ao público ata o 27 de abril, de luns a sábados en horario de 18.00 a 21.00 horas. O obxectivo da exposición, e por extensión do concurso que comezou no 2001, é amosar o medio natural en estado puro, co gallo de inspirar e concienciar sobre a conservación. A mostra da vida salvaxe reúne fotografías fidedignas con puntos de vista inusuais, a través da pericia técnica e artística dos creadores.

Pelexa na neve, de Erlend Haarberg

A exposición conta con nove seccións: Aves, Mamíferos, Outros animais, O mundo submarino, Eloxio das plantas, Paisaxes, Home e natureza, Forma e composición e Xoves fotógrafos. Resérvase un lugar privilexiado para o premio absoluto, que por vez primeira, foi ex aequo: Erlend Harrberg con Pelexa na neve (dúas lebres da montaña de Noruega, especie en perigo de extinción), e Britta Jaschinski con Incautado (dúas banquetas confiscadas, realizadas con patas de elefante e pel de cebra).

Afundación ofrece a oportunidade aos escolares de asistir e participar de propostas educativas, adaptadas ao currículo escolar de primaria, a transición ao ensino obrigatorio, segundo ciclo, bacharelato e ciclos formativos. A exposición da vida salvaxe muda en reforzo da programación dos centros escolares co uso de ferramentas orixinais, e na actualidade está reservada a participación de 400 escolares da provincia.

Incautado, obra da alemá Britta Jaschinski

Máis información e reservas no teléfono 982 289 096, ou en areaeducativalugo@afundacion.org.

ÚLTIMAS

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...

Ferida unha persoa en Begonte tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada

Unha persoa resultou ferida tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada...

Ferida unha persoa ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na súa vivenda en Monterroso

Unha persoa resultou ferida ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na campá extractora...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...