InicioMedioambiente e PatrimonioLuz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla,...

Luz verde ambiental a un parque eólico de Naturgy en Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) informa este luns da declaración de impacto ambiental que determina que o parque eólico que proxecta Naturgy en catro concellos de Lugo –Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira– que determina que o proxecto é viable.

O é sempre que se cumpra, agrega, o programa de vixilancia ambiental estipulado e despois dalgúns cambios –por exemplo, suprimíronse algúns aeroxeradores expostos inicialmente– no transcurso da tramitación do expediente. Así as cousas, o parque eólico Montelora consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 25 MW de potencia total nos termos municipais de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira.

Estará conformado por 5 aeroxeradores de 5 MW potencia numinal unitaria (ademais dos viarios de acceso e servizo, plataformas de montaxe dos aeroxeradores, torre meteorolóxica, subestación e liña de evacuación da enerxía). Esta declaración de impacto ambiental non exime ao promotor da obrigación de obter todas as autorizacións, licenzas, permisos ou informes que sexan legalmente esixibles para a execución e/ou funcionamento do proxecto.

+ posts

ÚLTIMAS

Case nove de cada dez euros para concellos do PSOE e BNG: a denuncia do PP contra a Deputación de Lugo

O reparto dos fondos da Deputación de Lugo a través de convenios cos concellos...

Tomé, convocado por “erro” á xunta de portavoces provincial para asinar a declaración contra a violencia de xénero

A sinatura da declaración institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da...

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...