InicioLugo e contornaO Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores...

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do Campionato do Mundial de Motocrós que volve ao circuíto municipal Jorge Prado de Lugo este fin de semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do Campionato do Mundial de Motocrós que volve ao circuíto municipal Jorge Prado de Lugo este fin de semana.

Segundo explican nun comunicado, nesta nova edición, o Gran Premio de Galicia pasa a ser o Gran Premio de España do mundial de motocrós e contará coa participación de máis de 160 deportistas do máis alto nivel en diferentes categorías. Ademais da oitava cita do Mundial de MXGP, tamén terán lugar as probas da segunda categoría de MX2, da feminina WMX e do campionato europeo EMX250.

Así, Lugo reunirá aos mellores pilotos nun evento que, destacan, xa alcanzou un gran éxito en 2024, convertendo á cidade amurallada na “capital do motocrós internacional”. O piloto local, Jorge Prado, que se fixo co título mundial de MXGP en 2023 e 2024, e foi gañador na anterior edición da carreira neste circuíto, está en plena recuperación dunha lesión tras comezar a competir na AMA Supercrós de Estados Unidos esta tempada.

Diego Calvo encomiou a figura do tetracampeón do mundo, ao que desexou un pronto regreso ás pistas. Ademais, animou ao piloto vigués Rubén Fernández que, tras superar outra lesión, “está a render a alto nivel esta tempada”, cun podio no Gran Premio de Portugal. O responsable autonómico de deportes destacou a importancia desta cita, que deixou un retorno económico cifrado no catro millóns de euros, e agradeceu á empresa lucense Last Lap, organizadora da proba, polo seu traballo no Gran Premio de España.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...