InicioSociedadeInmobilizado en Lugo un coche 'tuneado' que non pasou a ITV ao...

Inmobilizado en Lugo un coche ‘tuneado’ que non pasou a ITV ao non homologar as modificacións

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo notificou a unha condutora a prohibición de circular cun coche ‘tuneado’, propiedade da súa parella, que non pasou a ITV ao non homologar diversas modificacións en varias partes do vehículo.

Segundo informaron fontes policiais, a condutora foi interceptada nun control o pasado 2 de maio, ao observar os axentes que o coche presentaba modificacións de importancia e ao comprobar que, segundo a base de datos, carecía do seguro obrigatorio.

Ao ser requirida, a condutora presentou a documentación en regra, que acreditaba que o coche está correctamente asegurado e, ao ser preguntada polas reformas do vehículo, a muller explicou que o coche é da súa parella e que descoñecía se devanditos cambios foran homolagados. Entre as modificacións realizadas, o coche fora reformado no sistema de admisión, no sistema de escape, utilizaba separadores de vía, e tiña as lúas viniladas, entre outros cambios.

O dono do vehículo, coñecido da Policía por antecedentes relacionados coa seguridade viaria, fíxose responsable desas modificacións, pero non achegou documentación que acreditase que foran homologadas, e asegurou, de forma verbal, que o vehículo pasara a ITV.

Ante as sospeitas de que as modificacións non fosen homolagadas, os axentes emitiron acta de proposta de inspección técnica extraordinaria e, cunha patrulla de apoio, supervisaron a presentación do coche na estación de ITV de Lugo. Como resultado da inspección, emitiuse un informe desfavorable por 7 deficiencias graves, o que confirmou que as modificacións realizadas ao coche non estaban recollidas nin autorizadas na ficha técnica do vehículo.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...