InicioLugo e contornaLugoDenuncian un condutor en Lugo nunha concentración de vehículos con conducións temerarias...

Denuncian un condutor en Lugo nunha concentración de vehículos con conducións temerarias nas Gándaras

Axentes da Policía Local de Lugo participaron nun operativo de control en zonas de concentración de vehículos, en concreto no polígono dás Gándaras durante un encontro non autorizado.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo participaron nun operativo de control en zonas de concentración de vehículos, en concreto no polígono das Gándaras durante un encontro non autorizado.

Foi do sábado ao domingo no marco dunha concentración de numerosos vehículos de estilo tuning e cunha actuación policial ante a sospeita de carreira ilegal. Froito da vixilancia, detectouse a varios condutores realizando manobras neglixentes e conducións temerarias.

Un dos condutores foi interceptado tras cambiar de carril a alta velocidade sen sinalizar e case sen deterse ante a orde de detención policial. Posteriormente, deu positivo en consumo de sustancias estupefacientes. Ante a súa actitude respecto dos axentes, formalizáronse varias actas de denuncia por desobediencia e condución neglixente.

Ademais, a Policía, en controis efectuados, sancionaron a case unha decena de condutores que deron positivo en consumo de alcol. Tamén se sancionou a outro seis por presenza de drogas no seu organismo, unha vez realizada a proba correspondente.

Por outra banda, a Policía Local localizou a un menor con autismo nun autobús urbano. O neno, dun dez anos, escapásese do seu domicilio e foi atopado descalzo e desorientado.

ÚLTIMAS

Sae a subasta por case 800.000 euros o local da centenaria pastelaría Madarro de Lugo

A Sección Civil de Execución do Tribunal de Instancia de Lugo dirixe a poxa...

O BNG pedirá no Congreso melloras no servizo de Correos na comarca de Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou novas iniciativas para reclamar ao...

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...