InicioLugo e contornaMiguel Fernández aposta pola continuidade "con pequenos axustes" en urbanismo

Miguel Fernández aposta pola continuidade “con pequenos axustes” en urbanismo

Jorge Bustos engade Urbanismo ás súas competencias en materia de mocidade e deportes, mentres o novo concelleiro, Waldir Sinisterra, ocupásese de movementos migratorios

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, o socialista Miguel Fernández, asinou o novo decreto de organización do goberno da cidade para os próximos dous anos sen moitas sorpresas, xa que dá continuidade á repartición que fixera no seu día Paula Alvarellos, aínda que introduce un par de axustes necesarios pola incorporación de Waldir Sinisterra.

Novamente, o organigrama municipal quedará dividido en cinco grandes áreas: Alcaldía e Transición Ecolóxica; Área de Xestión Integral de Recursos Internos, Urbanismo e Deportes e Mocidade; Área de Dinamización Económica e Relacións Institucionais; Cohesión Social; así como Área de Cohesión Territorial.

Segundo esta repartición, o propio Miguel Fernández manterá, por tanto, unha xestión directa sobre Transición Ecolóxica, competencias que xa tiña e que seguiu mantendo no goberno provisional. Deste xeito, o alcalde dirixirá a organización dos servizos administrativos e a representación institucional, especialmente de carácter protocolario. Corresponderán igualmente á área de Alcaldía os órganos directivos da Secretaría de Pleno, o órgano de apoio á Xunta de Goberno Local, a Asesoría Xurídica, a Intervención Xeral ou a Sección de Administración Municipal, entre outros. Ademais do control sobre os servizos municipais de emerxencias como Protección Civil, Bombeiros e Polícia Local.

Dentro da área de Transición Ecolóxica inclúe a coordinación executiva e supervisión directa dos proxectos estratéxicos de transformación da cidade, así como a Axenda 2030 para un desenvolvemento sustentable. O alcalde suma a coordinación dos asuntos e actividades relacionados coa protección do medio ambiente e cambio climático, a xestión enerxética eficiente, a xestión integral de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria, o ciclo da auga ou os parques e xardíns e zona verdes da cidade.

Traballarei, como viña facendo ata agora, por alcanzar un Lugo máis sustentable con capacidade para facer fronte aos desafíos ambientais e que potencie o noso incrible patrimonio natural e paisaxístico”, destacou Fernández. Sobre o equipo que completa o goberno local, o alcalde avanza que: “É necesario darlle continuidade ao gran traballo que se desenvolveu na cidade ao longo dos últimos anos para seguir transformando Lugo e convertela na cidade referente coa que todas e todos os lucenses soñamos”.

FUSIÓN DE RECURSOS INTERNOS, URBANISMO CON DEPORTES E MOCIDADE

Pablo Permuy volverá estar á fronte desta área tan ampla e diversa, que se encarga da coordinación executiva e supervisión directa dos asuntos e actividades relacionados coa contratación local, o patrimonio municipal, a xestión económica e financieira e a xestión de persoal.

Ademais, dentro desta área, créase unha nova concellaría de carácter específico de Urbanismo, Deportes e Mocidade que dirixirá Jorge Bustos, que cobra protagonismo na nova orde local. O concelleiro, que xa xestionaba os servizos e actuacións que teñen que ver coa mocidade, a prevención das drogodependencias, equipamentos e xestión deportiva, así como a organización do Arde Lucus, pasa agora a xestionar tamén Urbanismo, “unha área que se adapta á perfección á súa formación profesional como enxeñeiro”, explicou Fernández.

ÁREA DE COHESIÓN SOCIAL

Mentres, dáse continuidade á área de Cohesión Social con Olga López Racamonde, que se ocupará da prestación dos servizos sociais, de promoción e reinserción social así como da xestión das instalacións e equipamentos de carácter social. Englobará tamén o voluntariado social, a relación co tecido social así como coas organizacións non gobernamentais.

Esta área acollerá dúas concellarías máis específicas. Por unha banda, Ángeles Novo dirixirá a sección de Muller, Igualdade e Inclusión mentres que o recentemente incorporado Waldir Sinisterra ocuparase de Movementos Migratorios. Esta nova área vaise a encargar do impulso da convivencia e programas e actividades de integración social, así como da creación de espazos de convivencia.

“Cremos que a nova organización responde, sobre todo, á importancia que as políticas sociais teñen na nosa acción de goberno, onde as persoas están no centro de todas as nosas iniciativas”, sinalou Fernández.

ÁREA DE DINAMIZACIÓN ECONÓMICA

Mauricio Repetto manterá a súa función á fronte da área de Dinamización Económica e Relaciones Institucións, centrada no fomento e promoción da actividade económica, o comercio e o emprego. Será o encargado tamén do seguimento e xestión común da estratexia dos fondos europeos asignados pola Alcaldía e de establecer relacións de colaboración con entidades de carácter municipal e supramunicipal.

ÁREA DE COHESIÓN TERRITORIAL

Finalmente, Ana González Abelleira continuará á fronte da xestión transversal encargada da conservación, limpeza e obras comúns en vías públicas e infraestruturas do ámbito rural, a dinamización e promoción sociocultural dos centros situados na zona rural e todas aquelas funcións encamiñadas á satisfacción das necesidades das parroquias. Considéranse especificamente incluídos nesta área de goberno municipal os centros de dinamización rural, Parque Móbil municipal, Brigada e Parque de Maquinaria e Unidades de Zona Rural.

“Estamos ante un gran equipo no que a inmensa maioría dos seus membros conta cunha contrastada traxectoria en diferentes ámbitos de xestión polo que estou convencido de que, apoiados pola estrutura de traballadores municipais, logrará mellorar a eficiencia desta Administración e o seu funcionamento interno, algo que sen dúbida se traducirá nun incremento do ritmo da tramitación administrativa nunha mellora na calidade da prestación dos servizos públicos”, explica Fernández.

ÚLTIMAS

Norvento recibe 27,5 millóns de fondos europeos para a planta de cero emisións que construirá en Lugo

Norvento informou este martes de que resultou seleccionada para obter unha axuda do Fondo Europeo...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e 17 máis que deron positivo

A Policía Local de Lugo interceptou este fin de semana a un condutor que cuadriplicaba a taxa...

Tres persoas enfróntanse a cinco anos de cárcere por tentar secuestrar a unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulga este martes a tres persoas que se enfrontan a...

A Deputación de Lugo licita o 40 % do Plan de estradas previsto para este ano

A Deputación de Lugo alcanzou este mes o 40 % do financiamento do Plan...