InicioSucesosDenunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

Denunciado un mozo por desobediencia por criticar unha detención policial

A Policía Local di que animaba a outros mozos a non obeder á Policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un mozo de 18 anos de idade foi denunciado en Lugo por un suposto delito de desobediencia, tras tentar obstaculizar o labor policial na madrugada do pasado domingo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron cando o 092 recibiu un aviso para acudir á Praza de Pío XII por unha pelexa entre dous individuos. Unha vez no lugar, as testemuñas sinalaron aos implicados, pero uno deles fuxiu á carreira e tivo que ser perseguido polos axentes por varias rúas da cidade, ata a rúa Conde Pallares, onde foi interceptado.

Nese momento, coincidindo coa hora de peche de establecementos de lecer nocturno, comezou a concentrarse gran cantidade de xente nesa rúa, o que levou á Policía a establecer un perímetro de seguridade. Con todo, un mozo presente na zona atravesou varias veces o cordón policial, e alentaba ao resto de persoas a facer o mesmo, a pesar de que foi advertido polos axentes en varias ocasións. O mozo mantivo a súa actitude e a tensión comezou a aumentar pola presenza de cada vez máis xente, polo que os axentes tiveron que solicitar reforzos.

Finalmente, ese mozo foi identificado, e foi denunciado por unha infracción grave á Lei de Protección de Seguridade Ciudada, por desobediencia e resistencia ás ordes dos axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...