InicioCulturaA Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña 'Provincia de Lugo....

A Deputación de Lugo presentará en Fitur a campaña ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’

A iniciativa está baseada nos "camiños que a auga propón en Lugo, desde as rutas fluviais en catamarán polos canóns do Sil ata as fervenzas que regan o territorio".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deputación de Lugo presentará a súa nova campaña de turismo, ‘Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas’, o vindeiro venres en Fitur. Trátase dunha campaña que representa a “aposta” da institución polo chamado “turismo azul” e que se enmarca no seu “modelo de promoción do territorio sustentable, de calidade e de experiencias”. Deste xeito, o presidente da Deputación lucense, José Tomé, será o encargado de dar a coñecer as novidades desta iniciativa baseada nos “camiños que a auga propón en Lugo, desde as rutas fluviais en catamarán polos canóns do Sil ata as fervenzas que regan o territorio”.

Ademais, a institución detallou nunha nota de prensa que estes recursos naturais “multiplican ata o infinito” as propostas turísticas baseadas na natureza e no deporte e que marcan tamén a gastronomía. Con todo, o presidente tamén avanzou que presentarán un vídeo promocional co obxectivo de mostrar a importancia que ten a auga. Neste sentido, Tomei participará en diferentes presentacións e actos durante a celebración de Fitur 2025 en Madrid.

ÚLTIMAS

Condenado a 26 anos de cárcere o home que asasinou a Cristina Cabo no seu domicilio de Lugo

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou, en base ao veredicto do tribunal do...

A Deputación de Lugo aproba o patrocinio dunha etapa da Vuelta a España, do Caudal Fest e melloras no Museo Provincial

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dúas actuacións promocionais e unha importante...

A licitación de Adif na liña entre Monforte e Lugo, entre as obras investigadas pola UCO

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sostén que os contratos de obra...

Detida unha parella en Lugo por agredirse mutuamente

A Policía Local acudiu a unha vivenda en Lugo este xoves tras unha chamada...