InicioSucesosA Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a...

A Garda Civil de Lugo identifica a tres autores de estafas a congregacións relixiosas

Foi tras unha minuciosa investigación do equipo de investigación tecnolóxica.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha investigación levada a cabo polo Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo, bautizada como Operación Congregatonium, permitiu identificar a tres persoas, integrantes dun grupo criminal especializado nas estafas a congregaciones relixiosas.

As pescudas, iniciadas en Lugo e con vítimas nesta demarcación, permitiron coñecer que o líder desta trama recrutaba ‘mulas de diñeiro’ que, unha vez descubertas, eran substituídas de inmediato por outros individuos, de maneira que a actividade delituosa mantíñase sen interrupcións.

Estas ‘mulas’ puñan a disposición de trámaa contas bancarias abertas en diversas entidades españolas e actuaban como intermediarios nas operacións ilícitas, a cambio dunha comisión polo diñeiro que extraían en caixeiros e que puñan a disposición do xefe da rede. Para cometer a estafa, os delincuentes realizaban previamente unha análise exhaustiva en redes sociais, publicacións e fontes abertas en Internet, das congregaciones relixiosas. Isto permitíalles ter información para suplantar aos superiores xerárquicos desas comunidades relixiosas.

Os estafadores contactaban telefonicamente coas vítimas, gañándose a súa confianza e, facéndose pasar por eses superiores, que contribúen ao funcionamento das congregacións, solicitaban o envío de determinadas cantidades de diñeiro (en función da situación económica de cada congregación), causando graves prexuízos ás comunidades.

A investigación permitiu identificar a tres dos integrantes do grupo criminal, residentes nas provincias de Madrid e Toledo, e un deles atópase en prisión por feitos similares. A Garda Civil tamén puido comprobar que, ademais de en Lugo, hai congregacións relixiosas afectadas as estafas noutros puntos de España.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...