InicioSociedadeGabriel, primeiro bebé do 2019 en Lugo e segundo de Galicia

Gabriel, primeiro bebé do 2019 en Lugo e segundo de Galicia

Nado no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo contra a unha e media da madrugada, Gabriel foi durante horas considerado o primeiro de Galicia por un erro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo rexistrou o segundo nacemento máis temperán deste 2019 en Galicia. Gabriel, o primeiro bebé lucense, veu ao mundo contra a unha e media da madrugada no Hospital Universitario Lucus Augusti, e inicialmente pensouse que fora o primeiro dos galegos nados neste aninovo.

Porén, desta vez foi Vigo a localidade sinalada, como recolle GaliciaConfidencial. O bebé máis madrugador chámase Anxo e recibiu asistencia no Álvaro Cunqueiro da cidade olívica apenas media hora despois das badaladas.

Noutros puntos da xeografía galega houbo que agardar bastante máis. Santiago de Compostela viu chegar a Luca pasadas as 3.00 horas deste martes primeiro de xaneiro. E contra o mediodía, outros grandes hospitais coma o do Salnés ou Pontevedra aínda non rexistraran ningún nacemento.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...