InicioSucesosInvestigada por atentado contra a autoridade unha muller que agrediu a un...

Investigada por atentado contra a autoridade unha muller que agrediu a un axente en Lugo

Tamén mantivo unha actitude agresiva cando foi trasladada a un centro hospitalario

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller permanece investigada por un delito de atentado á autoridade tras dar unha puñada a un axente da Policía Local en Lugo, no marco dunha actuación policial na rúa Tino Grandío. A mesma actitude agresiva mantivo cando foi trasladada a un centro hospitalario.

Os feitos, informa a Policía Local no seu parte de incidencias, producíronse sobre as 19.25 horas do xoves. Á súa chegada, había unha muller ebria, que inxerira pastillas e que se atopaba moi alterada e estaba en compañía de dous homes.

Unha vez no lugar, os axentes proceden á identificación de tres persoas. Mentres os policías realizaban indagacións para pescudar o que podía ocorrer, a muller tenta ausentarse do lugar, indicándolle unha axente que debería esperar á finalización das xestións policiais, momento no que lle deu unha puñada na cara.

Por iso, tivo que ser reducida e traslada á PAC de referencia, onde continuaba coa súa actitude agresiva, tendo que ser suxeitada polos policías xa que golpeaba coa súa cabeza contra as mesas. O persoal sanitario determinou que era necesario o seu traslado ao hospital, sendo trasladada en ambulancia con custodia policial.

Unha vez no HULA, a muller continúa coa mesma actitude, acometendo contra as persoas presentes ata que finalmente puido ser sedada. Posteriormente a muller foi posta en liberdade, á espera do que determine a autoridade xudicial, unha vez recibidas as dilixencias que se instrúen por un presunto delito de atentado contra axente da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...