InicioSucesosIncautadas 600 doses de sustancias estupefacientes e desarticulados tres puntos de venda...

Incautadas 600 doses de sustancias estupefacientes e desarticulados tres puntos de venda de drogas en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Policías nacionais adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, detiveron no que vai de mes a catro persoas implicadas en delitos de tráfico de drogas, desarticulando, con iso, tres puntos de venda na zona norte da cidade.

As investigacións iniciáronse tras denuncias de cidadáns e veciños da zona. Nelas, determinouse a existencia de venda de drogas en tres puntos. O dispositivo culminou con catro detidos, en tres intervencións diferentes, incautando en todas elas unhas 300 doses de haxix e outras tantas de cocaína. Os catro detidos foron postos a disposición xudicial xunto con todo o actuado.

ACTUACIÓNS DA POLICÍA LOCAL

Por outra banda, en Lugo unha muller, de 34 anos, que perdeu o control do seu coche, na Rolda da Muralla, e que chocou contra cinco bolardos deu resultado positivo en alcol e drogas. A muller resultou ilesa.

Entre outras actuacións, a Policía Local interveu o xoves, ao redor das 13.40 horas, no auxilio a un home na rúa Eirín. O home indicou que ía á PAC de Fingoi a realizar unhas curas no pé que tiña vendado, pero que comezou a sentir unha gran dor que lle impedía camiñar polo que foi trasladado ao centro sanitario pola patrulla policial.

ÚLTIMAS

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

O PP reivindica a “paixón e o rigor” de Cacharro na política: “Hai que saber de onde vimos”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou este mércores "o legado de estabilidade, fiabilidade...

Miguel Fernández estrutura o seu goberno tras a incorporación da edil María Reigosa

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asinou este martes o decreto de reorganización do...