InicioEconomíaO Concello publica a listaxe de beneficiarios das axudas de material escolar

O Concello publica a listaxe de beneficiarios das axudas de material escolar

Ata o 4 de xaneiro poderán presentarse alegacións na Concellería de Educación, que achega 100 euros para o material escolar de 399 estudantes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo concede 399 bolsas para aquisición de material escolar e didáctico para alumnos e alumnas de educación infantil. Por segunda vez consecutiva, as axudas outorgan unha contía individual de 100 euros.

Trátase dunhas bolsas para as que a Concellería de Educación que dirixe Manuel Núñez adica 40.000 euros, coa finalidade de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas do municipio.

A entidade local publicou as listaxes provisionais, que se poden comprobar no taboleiro de edictos das oficinas municipais e na área de educación, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (Quiroga Ballesteros, 1 A). Tamén poderán consultar se a bolsa lles foi concedida a través do teléfono de atención cidadá 010.

Prazo de alegacións

O Concello recibiu 509 solicitudes para estas axudas, que consisten nun vale desconto por un importe de 100 euros con destino á compra de libros ou material escolar nas librerías da cidade. Nesta convocatoria foron aprobadadas de xeito provisional 399.

Hai un prazo de 10 días naturais para as alegacións, dende hoxe, 18 de decembro ao 4 de xaneiro, que se deberán presentar na área de Educación. Posteriormente publicaranse as listas definitivas, e presentadas as certificacións, as persoas beneficiarias das axudas recibirán o seu vale canxeable por material educativo.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...