InicioMedioambiente e PatrimonioA influencia humana na xenética do castiñeiro estúdase en Lugo

A influencia humana na xenética do castiñeiro estúdase en Lugo

O estudo realizado no Campus Terra permite comprender a domesticación do castiñeiro a partir do século XV a través do enxerto

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo Agronomía da Universidade de Santiago lidera a análise xenética do castiñeiro en Europa, avaliando o efecto do enxerto na súa “domesticación instantánea”. As primeiras evidencias de cultivo en Galicia localizáronse no val do Douro, en castaños enxertados de 14 metros de perímetro, hai seis séculos.

Este singular estudo sobre castiñeiros senlleiros no sur de Europa, coordinado polo catedrático de Produción Vexetal na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo, Santiago Pereira Lorenzo, e no que tamén participan as investigadoras do grupo Agronomía Ana Ramos-Cabrer e Belén Díaz Hernández, permitiu valorar 105 castiñeiros senlleiros de Italia, España e Portugal, informa a USC.

Os parámetros obtidos logo deste proceso de valoración comparáronse logo cos recollidos na base datos da UE de cultivares de castaña, publicada o pasado ano polo grupo Agronomía da USC, utilizando un conxunto de 24 marcadores moleculares microsatélites (SSRs). En cada castiñeiro centenario mediuse o perímetro (diámetro) a 1,5 metros de altura (DBH), ademais de recoller mostras de follas da copa e das raíces de cada árbore, mostras que logo foron analizadas independentemente para distinguir as árbores autorradicadas das que estaban enxertadas.

O perímetro mínimo medido foi de 3,8 metros no País Vasco e o máximo de 22 metros en Sicilia, castiñeiro coñecido como o dos 100 cabalos (‘Cento Cavalli’, cun perímetro total na base de 57 m.). En España, o máximo perímetro atopouse en Ávila con casi 19 m. No rango 11-22 m. de perímetro encontráronse 29 exemplares e outros 39 no rango 8-10 metros. A investigación posibilitou diferenciar 91 novos xenotipos respecto á base europea do castiñeiro. Un total de 20 castiñeiros senlleiros (9,6%) coincidiron con variedades coñecidas e incluídas na base europea.

Para comprender o proceso de domesticación do castiñeiro, accede á reportaxe completa no GaliciaConfidencial

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...