InicioPolíticaO PP de Lugo acusa ó goberno local de "improvisación" e "falta...

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

"Unha cidade como Lugo merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura", engaden.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas, un ámbito no que “se están tomando decisións sen ningún criterio

A “falta de claridade”, denuncian, “provoca interpretacións distintas” do bando nesta materia, “correndo o risco de xerar desigualdades”. “Algúns hostaleiros trasladáronnos que a mesma situación provoca ordes contraditorias ata o punto de dar unha instrución á mañá e pola tarde a contraria”, afirman desde o grupo municipal.

Unha cidade como Lugo que ten 3 patrimonios da Humanidade e que o seu centro histórico aspira a ser tamén Patrimonio da Humanidade merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura que permita gozar tamén dos espazos peonís”, engaden.

Por iso, o concelleiro Antonio Ameijide reclama á alcaldesa “un bando aclaratorio para dar certezas e certidume á hostalaría lucense”, un sector que “xa sufriu en primeira persoa perdas económicas na época da pandemia e que agora ve como boa parte do investimento que fixeron no mobiliario, toldos ou cortavientos para as terrazas pode perderse”. “A retirada de terrazas do centro histórico en plena campaña de verán, que é cando a xente goza das rúas e dos espazos ao aire libre, restan vida ao centro”, critican os populares.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...