InicioSucesosInterceptado un condutor en Lugo que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

Interceptado un condutor en Lugo que cuadriplicaba a taxa de alcoholemia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor foi interceptado en Lugo cando circulaba de forma “irregular”. As probas de alcoholemia arroxaron un resultado positivo de 1 mg/l, o que supón catro veces máis que a taxa permitida.

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar na rúa Montirón, onde deron o alto ao condutor e presentaba “signos de embriaguez”. Instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria en xuízo rápido, con inmovilización do vehículo.

Noutra orde de cousas, a Policía Local informa de que se levantaron cinco actas de denuncia durante o mercadillo no parque da Milagrosa, celebrado o pasado martes, por infracción da lei de seguridade cidadá por venda ambulante non autorizada, cunha proposta de sanción de 600 euros. Tamén se detectaron outro catro actas de denuncia por incumprimento de condicións de venda.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...