InicioSucesosMáis dunha decena de positivos en alcoholemias de condutores en Lugo durante...

Máis dunha decena de positivos en alcoholemias de condutores en Lugo durante o fin de semana

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os controis de seguridade realizados pola Policía Local de Lugo deixaron máis dunha decena de positivos en alcol e dous por drogas –en cocaína e THC– de condutores durante o fin de semana.

Entre estas actuacións, a Policía Local informa de que dúas son delitos contra a seguridade viaria: un condutor co carné de permiso de condución retirado e outro cun positivo en alcol alcanzado de 0,79 mg/l.

Por outra banda, o pasado sábado, rexistrouse un accidente na avenida Infanta Elena que deixou a unha persoa ferida –trasladado en ambulancia ao HULA– por unha saída de vía na que o coche impactou contra un farol e un sinal de circulación. Deu negativo en probas de alcol e drogas.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...