InicioMedioambiente e PatrimonioAlerta laranxa por treboadas na montaña de Lugo

Alerta laranxa por treboadas na montaña de Lugo

As treboadas estarán acompañadas por choivas que poden acumular ata 25 mm nun agora e non descarta sarabia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta activou para este mércores a alerta laranxa pola previsión de treboadas na montaña de Lugo.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde primeira hora a tarde deste xoves, e pode estar acompañado de sarabia.

Ademais, está activado tamén o aviso amarelo por treboadas desde primeira hora da tarde no centro e sur da provincia de Lugo, así como na montaña e na zona de Valdeorras, provincia de Ourense. Neses casos, as treboadas estarán acompañadas por choivas que poden acumular ata 25 mm nun agora e non descarta sarabia.

Por este motivo, para garantir a seguridade das persoas e os bens, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, CIAE 112-Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. A Xunta aconsellou consultar e informarse na web do 112 Galicia.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...