InicioCulturaSeis nominacións aos Goya para ‘La sombra de la ley’, con alma...

Seis nominacións aos Goya para ‘La sombra de la ley’, con alma lucense

O filme de Dani de la Torre e protagonizado por Luis Tosar é o sexto con máis nominacións, mentres que Dhogs, do meirego Andrés Goteiro, queda fóra dos Goya

PUBLICADA O

- Advertisement -

As nominacións aos Goya deixan sensacións encontradas na provincia. Dhogs finalmente queda sen competir na gran gala do cinema español; a cinta de Andrés Goteira, natural de Meira, optaba en dezanove categorías. Porén, La sombra de la ley, de cerna lucense, recibiu seis nominacións aos premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

As grandes favoritas son El reino, de Rodrigo Sorogoyen, e Campeones, de Javier Fesser, con trece e once categorías respectivamente. Entre a representación galega, o compostelán Luis Zahera como actor de reparto; Javier Gutiérrez, criado en Ferrol, aspira a un Goya no rol principal; e dous vigueses, Guillermo de Oliveira –documental– e Manuel Gago –curtametraxe–.

A alma lucense de La sombra de la ley

La sombra de la ley está dirixida por Dani de la Torre, natural de Monforte de Lemos, e conta co protagonismo do sobranceiro Luis Tosar, con ascendencia en Cospeito e nado en Lugo. A cinta así mesmo ten como localización a capital lucense, e na rodaxe participaron varios titulados da Fundación TIC e tres alumnos da Escola de Imaxe e Son.

Lugo foi escollida para poder facer realidade a ambientación dos anos vinte. A filmación tivo lugar na rúa Bispo Aguirre e no Círculo das Artes, polos que circularon coches de época.

A grabación desenvolveuse o pasado ano en oitenta decorados exteriores e interiores. Comezou en Barcelona, centro da trama, pero a meirande parte da acción discorre en Galicia (Lugo, Pontevedra, Monforte de Lemos, A Coruña e Santiago).

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...