InicioLugo e contornaLugoO ministro de Transportes virá para supervisar o avance das obras da...

O ministro de Transportes virá para supervisar o avance das obras da estación intermodal

Visitará este venres en cidade, a partir das 10,00 horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, visitará este venres en Lugo, a partir das 10,00 horas, a estación intermodal da cidade para supervisar o avance das obras. Farao acompañado da alcaldesa de Lugo, a tamén socialista Paula Alvarellos, quen lle trasladou persoalmente a súa invitación a coñecer o desenvolvemento das actuacións.

Foi no transcurso de varios encontros previos mantidos entre o titular da carteira de Transportes e a rexedora lucense, que ambos acordaron a visita do ministro para ver de maneira presencial a evolución da infraestrutura, clave para as conexións ferroviarias da capital provincial e en curso desde o mes de marzo.

As actuacións enmárcanse dentro do plan de modernización do corredor ferroviario Ourense-Monforte-Lugo para a conexión da capital lucense a través da alta velocidade.

As obras da nova terminal de tren, adxudicadas á empresa construtora San José por 22,3 millóns de euros, xa están en marcha e prolongaranse previsiblemente ata o verán do ano próximo. A actuación completarase coa construción da nova estación de autobuses e o aparcadoiro subterráneo, unha obra que será financiada pola Xunta de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...