InicioEconomíaCCOO denuncia o "bloqueo" das patronais nas negociacións do sector servizos

CCOO denuncia o “bloqueo” das patronais nas negociacións do sector servizos

Por iso, solicitou a intermediación do Consello Galego de Relacións Laborais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CCOO) denuncia un “bloqueo” por parte das patronais á negociación dos convenios colectivos no sector servizos da provincia de Lugo. Por iso, solicitou a intermediación do Consello Galego de Relacións Laborais.

Segundo denunciaron representantes do sindicato este mércores nunha rolda de prensa, esta situación arrástrase “desde o ano 2010” e “non só non houbo actualizacións salariais” –si as subidas do salario mínimo interprofesional–, senón que tampouco “se actualizaron beneficios sociais” que se incorporaron noutras provincias.

CCOO cre que esta situación está xa en “un límite inaceptable” e culpa tanto á patronal como ás administracións, por permitir “unha fuga do mercado laboral” cara a outras provincias con mellores condicións.

Neste contexto, o sindicato xa deu o “primeiro paso” convocarse ás patronais a través do Consello Galego de Relacións Laborais para buscar unha mesa de negociación dun convenio xeral para o comercio lucense.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...