InicioSucesosTres feridos nun accidente entre un turismo e un camión en Vilalba

Tres feridos nun accidente entre un turismo e un camión en Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas este luns nun accidente de tráfico rexistrado na autovía A-8 ao seu paso por Vilalba, onde un coche chocou contra un camión. A condutora do turismo tivo que ser liberada. Segundo a información do 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 17:00 horas deste luns no quilómetro 581 da A-8, en dirección a Asturias.

No choque víronse implicados un camión e un turismo, aínda que tres vehículos resultaron danados ao encaixarse contra os restos da mediana e do camión. A condutora do turismo quedou atrapada baixo o camión e para liberala foi necesaria unha intervención conxunta dos Bombeiros de Vilalba e Eume, xa que a situación na que quedou o turismo era moi complexa.

Así, os efectivos de ambos os parques formaron parte deste operativo, no que tambien participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Vilalba e da agrupación de voluntarios, así como do persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, como titular da vía. Ademais, tamén acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo a información da Fundación Pública, ata o punto desprazáronse unha ambulancia de soporte vital avanzado e dous de soporte vital básico, así como persoal sanitario da PAC de Vilalba. Foron trasladados ao Lucus Augusti unha muller de 20 anos, un home de 18 e outro home de 55 anos.

ÚLTIMAS

Cae unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo tras días de choivas intensas e este luns comezará a reparación

Unha parte do lenzo interior da Muralla de Lugo, situado na rúa do Moucho...

Entrega Premios Empresarias de Galicia 2026 a cinco empresarias

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de...

As Nogais homenaxea a tres veciños deportados a campos nazis coa colocación de ‘storpelsteine’

As Nogais homenaxeou este sábado a tres veciños que foron deportados a campos de...

A Deputación de Lugo denuncia que o PP falsea o alcance das sentenzas de Tragsa

A Deputación de Lugo aclara con rigor xurídico, base normativa e fidelidade ás resolucións...