InicioPolíticaA Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico para a atención a persoas maiores na provincia, que contemple achega económica para sustentar o sistema desenvolvido pola Deputación e impulse as medidas necesarias para reformar os actuais centros que así o precisen e a construción doutros novos. A iniciativa do Goberno saíu adiante este martes cos votos a favor do PSdeG e do BNG, e en contra do PP.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, criticou que o pasado 4 de abril a Xunta anunciou a súa intención de desenvolver un paquete de medidas dedicadas á construción de novos centros de maiores.

Segundo a Xunta, dixo o deputado, o investimento total desta iniciativa suma 18,5 millóns, que se concretarían en 24 medidas a desenvolver noutros tantos concellos galegos. Con todo, Rivera asegurou que a Xunta “repartiu a dedo entre concellos afíns 18,5 millóns que son do Goberno do Estado para residencias”. “Estes son datos obxectivos e sacados da resolución publicada pola Xunta”, dixo.

O deputado eloxiou a iniciativa de residencias da Deputación e dixo que é “bastante obvio” que buscan “que a Xunta se implique no proxecto”. “Non llas queremos entregar, pero ten que exercer as competencias da Lei de Dependencia como se refire no artigo 64. Ten que pagar o que debe”, apuntou.

Por outra banda, no pleno tamén saíu adiante unha moción socialista para esixirlle ao portavoz do Grupo Popular na Deputación, Antonio Ameijide Osorio, que “rectifique e pida desculpas” aos veciños da provincia e de Monforte de Lemos, así como ao Presidente da Deputación e á Corporación provincial, “polas mentiras, as manipulacións e a desinformación sobre os motivos reais do traslado do CRAEGA de Monforte de Lemos a Lugo, xerando un discurso paralelo e inventado“.

A portavoz socialista do Goberno, Pilar García Porto, apuntou que Ameijide “non dubidou en mentir, manipular e desinformar para tratar de quitar rédito político a partir dun problema que creou o propio Partido Popular en colaboración co presidente do CRAEGA, Francisco López Valladares”.

Pola contra, afirmou, “tanto a Deputación como o Concello de Monforte actuaron sempre con lealdade, transparencia e respecto á verdade”.

CERVANTES

Finalmente, o pleno aprobou unha addenda ao convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes para a execución do Centro de Atención a Maiores que a institución vai construír nesta localidade da Montaña lucense.

Neste documento inclúese que o concello porá a disposición unha parcela en San Román que cumpre coas condicións e requisitos do proxecto e do estudo geotécnico, apuntan desde a Deputación.

“Hoxe damos un gran paso adiante. Un novo paso adiante para avanzar na construción da residencia de Cervantes. En apenas catro anos a Deputación de Lugo abriu seis centros de atención a maiores, o que fai un total de 9 en funcionamento”, explicou.

ÚLTIMAS

O PSdeG propón á alcaldesa de Burela para presidir a Deputación de Lugo tras a dimisión de Tomé

O comité provincial do PSOE por Lugo propuxo á deputada e alcaldesa de Burela...

A comunidade venezolana de Lugo convoca unha concentración pola “liberdade” do país

Colectivos de cidadáns venezolanos e sindicatos convocaron este sábado concentracións en Lugo despois de...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...