InicioEconomíaUn proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial estratéxico (PIE) o plan dunha ampliación de explotación de larva de mosca soldado negra promovido por Alternative Fats and Proteins of Galicia (Alfaprogal) en Palas de Rei. Son instalacións destinadas á cría, engorda e transformación de larvas de mosca soldado negra e ao posterior proceso industrial necesario para a obtención de produtos destinados os diferentes usos en agricultura e alimentación animal.

O proxecto de ampliación suporá un investimento de 100,3 millóns de euros e a creación de 100 postos de traballo directos e 25 indirectos. O proxecto promovido por Alfaprogal S.L. ten por obxectivo aumentar a capacidade de produción de larva de mosca soldado negra das 12.000 toneladas anuais até as 62.000.

Deste xeito, as novas instalacións contarán cunha área de cría e engorda constituída por módulos automatizados de biofiltros, control de humidade, temperatura e iluminación, con sistemas de alimentación intelixentes e recirculación de substratos; e unha zona de procesamiento industrial que incluirá liñas de renderizado, secado e separación de fases (sólida/líquida), con capacidade para producir fariñas desgrasadas e aceites industriais. Así mesmo, disporá dunha área de almacenamento e distribución onde se situarán os silos e depósitos para produtos finais, cámaras de estabilización, salas de ensacado e carga.

Os TRABALLOS EMPEZARÁN A MEDIADOS DO PRÓXIMO ANO 

O proxecto tamén inclúe a posta en marcha de varias infraestruturas ambientais que inclúen un sistema de captación de emisións, recuperación enerxética e tratamento de efluentes, entre outras cuestións. A previsión é que os traballos poidan comezar a mediados do próximo ano.

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...