InicioSociedadeAs funerarias de Lugo terán un sistema de "cita previa" para ofrecer...

As funerarias de Lugo terán un sistema de “cita previa” para ofrecer os seus servizos no concello

O novo sistema busca mellorar a xestión dos enterros e dotar de "maior autonomía" ás empresas funerarias para ofrecer os seus servizos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira da área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, presentou este venres o novo sistema de cita previa desenvolvido desde o Goberno local para “simplificar” o traballo das empresas funerarias no cemiterio municipal da cidade.

Un sistema, puntualizou, “moi sinxelo e moi intuitivo” chamado a “mellorar a xestión dos enterros” no cemiterio de San Froilán entregando “maior autonomía” ao sector funerario para poder comprobar a dispoñibilidade de horarios no recinto e ofrecer así os seus servizos aos clientes.

“O obxectivo é que as funerarias se poidan organizar de forma totalmente autónoma e poidan ver desde as súas oficinas a dispoñibilidade de horarios que hai“, explicou a concelleira do BNG, para acto seguido lembrar que o cemiterio de San Froilán acolle cerimonias de enterro “durante os 365 días do ano”.

O novo sistema de cita previa, que persegue, precisou tamén a titular da área de Participación do Concello de Lugo, “facilitar” a xestión dos enterros á cidadanía, entrará en funcionamento ao longo dos próximos días para as empresas funerarias dadas de alta que poderán acceder ao servizo a través dun código.

A iniciativa promovida desde a área de Participación foi presentada pola edila nacionalista a representantes dos servizos funerarios da cidade nunha reunión celebrada na sala de novas tecnoloxías do Concello de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...