InicioLugo e contornaLugoCollidos mentres "puenteban" o contador eléctrico dunha vivenda

Collidos mentres “puenteban” o contador eléctrico dunha vivenda

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a dúas persoas por manipular os cables de subministración eléctrica dun inmoble, situados na rúa, para 'puentear' o contador da vivenda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron a dúas persoas por manipular os cables de subministración eléctrica dun inmoble, situados na rúa, para ‘puentear‘ o contador da vivenda.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá deste xoves, cando o 092 recibiu un aviso sobre os residentes dunha vivenda na rúa Escocia, que estarían a manipular os cables da rede eléctrica situada na vía pública.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que a liña de subministración de enerxía ao inmoble fora manipulada, posto que o cable que une a caixa de acometida co contador fora cortado. Así, uniuse directamente esa caixa co cadro onde se sitúan os térmicos de seguridade, evitando o paso da enerxía polo contador.

Por iso, a Policía procedeu a identificar aos dous residentes da vivenda e tramitáronse as correspondentes dilixencias para remitir ao xulgado.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...