InicioCulturaA restauración da Capela da Soidade de Lugo terminará en abril e...

A restauración da Capela da Soidade de Lugo terminará en abril e permitirá a saída dos pasos de Semana Santa

Os traballos supuxeron un investimento por parte do Goberno galego de máis de 200.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras de restauración da Capela da Soidade da Venerable Orde Terceira en Lugo terminarán o próximo mes de abril. Así o anunciou este sábado nunha visita o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Segundo destacou a Xunta, estes traballos supuxeron un investimento por parte do Goberno galego de máis de 200.000 euros e xa se atopan na súa etapa final, polo que non suporán un impedimento para a saída dos pasos de Semana Santa.

Rodríguez explicou que son conscientes da importancia da Semana Santa para a cidade de Lugo, celebración declarada de Interese Turístico de Galicia, polo que os técnicos falaron coas confrarías implicadas para garantir o acceso seguro á igrexa para saír cos pasos.

O obxectivo desta actuación, detallou o departamento autonómico, é solucionar os problemas causados pola humidade e corrixir a entrada de auga a través dos muros e o chan, recuperando a imaxe orixinal da capela. Para iso traballouse no pavimento, na nave, nos muros exteriores, nas carpintarías e en elemento escultórico pétreo de San Luís.

REPARACIÓNS E INSTALACIÓNS

Así, no interior da capela os técnicos sanearon o pavimento e os zócalos con novos materiais que melloran o illamento mediante unha capa de pedra. Sobre isto, asentáronse vigas de madeira para cravar a tarima de castiñeiro tratada cun aceite protector con acabado natural.

Para evitar novos problemas de humidade, instaláronse tamén tubos de ventilación que facilitan a drenaxe e un zócalo de granito na porta da sancristía que axudará a minimizar a entrada de auga. No exterior, limpáronse as fachadas, o picado das xuntas e aplicouse un morteiro de cal hidráulico natural. Tamén se pintou e se cambiou a carpintaría e ferraxaría.

Esta actuación dá continuidade á realizada en 2015 para restaurar a cuberta e solucionar unha das principais vías de entrada de auga, así como instalar unha nova escaleira de madeira. Ademais, en 2022 localizáronse varios niveis alterados da necrópole que desde o século XVIII alberga o espazo.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...