InicioMedioambiente e PatrimonioLugo celebra na Muralla o aniversario da máxima distinción patrimonial

Lugo celebra na Muralla o aniversario da máxima distinción patrimonial

O 2 de decembro do 2000, a Muralla de Lugo pasaba a formar parte da selecta listaxe de bens Patrimonio da Humanida da Unesco

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os actos para conmemorar o 18.º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade comezaron este xoves no soto da Praza de Abastos. Alí, e canda os músicos que animaban a celebración, representantes da Asociación Lucense de Pastelerías e Confiterías –Mallorca, Martín, Mimos, Ramón e Yomar– presentaron a gran torta conmemorativa, que deu para catro mil racións a un prezo de 20 céntimos, doazón para o Banco de Alimentos.

Concello de Lugo

Con todo, o groso dos actos institucionais e festivos comezan este venres. Ás 12.00 horas, autoridades e representantes da corporación municipal compareceron nas defensas romanas acompañados de estudantes do CEIP Paradai, que cantaron á Muralla polo seu insigne aniversario. A partir das 17.00 horas, o adarve é escenario da actividade participativa de zumba a cargo de Jesús Illán e Noemí Cerviño.

Dende as 17.30 queda inaugurada a exposición de fotografías da Muralla de Pepe Álvez, Feitas con móbil, no primeiro andar do Vello Cárcere. Cara á noitiña, seis corais adicarán un concerto ao ben Patrimonio da Humanidade.

Biblioteca Pública de Lugo

A Coral Ecos do Miño Aestelu, na Porta de Bispo Aguirre; o Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na Porta de San Pedro; o Orfeón Lucense, na Porta Falsa; a Schola Gregoriana Lucensis na Porta Nova; a Coral Xolda en Porta Miñá; e o Orfeón Xoán Montes, na Porta de Santiago.

Rematada a actuación, dende o adarve soltaranse pequenos farois nun acto simbólico no que poderán participar as persoas interesadas, recollendo as lámpadas nas distintas escadas da Muralla, na rampla e no ascensor.

Sábado

Xunta de Galicia

O sábado primeiro de decembro, a partir das 11.30 horas, organízase “un relato de historia e natureza” en torno ao monumento. Será unha mesa redonda acompañada dunha exposición, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, coa participación de  de técnicos expertos nas distintas actuacións de rehabilitación que se levan a cabo no monumento. A exposición, na entrada do edificio, consta de paneis que describen de maneira gráfica as actuacións realizadas nos últimos anos e as propostas que se van desenvolver nos próximos meses.

Co solpor, a cantante melódica-lírica galega Andrea Pousa ofrecerá un concerto no Vello Cárcere, ás 20.00 horas. O acceso é libre ata completar cabida.


Para os máis cativos de Lugo, o Concello convocou un concurso de contos, O Anel de Pedra. O prazo de presentación dos traballos é ata o 10 de xaneiro. Posteriormente, seleccionaranse os mellores e a entidade local editará un libro con eles.

ÚLTIMAS

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Ratifican sete meses de cárcere para unha nai de Lugo que impediu visitas ao seu fillo por parte dos avós

O Tribunal Supremo confirmou a condena a unha muller de Lugo por un delito...

Finalizan as obras para mellorar o sistema de saneamento do Cebreiro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición...

Aprobada a licenza urbanística para ampliar as instalacións da protectora de animais

O Concello de Lugo completou este mércores o proceso administrativo necesario para legalizar e ampliar as...