InicioSociedadeSeis meses de cárcere para dous homes acusados de iniciar unha carreira...

Seis meses de cárcere para dous homes acusados de iniciar unha carreira na rúa da Industria e chocar cunha condutora

Os feitos xulgados tiveron lugar a tarde do 15 de xullo de 2021, cando os acusados, de acordo ao recolleito no escrito fiscal, iniciaron unha carreira nos seus respectivos vehículos pola Rúa da Industria da capital lucense revolucionando os motores, aumentando a velocidade e realizando manobras de zig-zag que puñan "en risco a integridade dos peóns así como do resto dos condutores que circulaban pola calzada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous homes acusados de iniciar unha carreira en coche por unha rúa de Lugo e chocar co automóbil dunha condutora provocándolle lesións de consideración foron condenados este xoves no Xulgado do Penal número 1 de Lugo a unha pena de prisión de seis meses suspendida a condición de non delinquir por un período de tempo de dous anos. O Ministerio Fiscal, que solicitaba inicialmente para os mozos, de 26 e 35 anos, unha condena de 18 meses de cárcere e a privación de conducir vehículos a motor durante catro anos, rebaixou a súa petición tras alcanzar un acordo de conformidade coas partes.

Os feitos xulgados tiveron lugar a tarde do 15 de xullo de 2021, cando os acusados, de acordo ao recolleito no escrito fiscal, iniciaron unha carreira nos seus respectivos vehículos pola Rúa da Industria da capital lucense revolucionando os motores, aumentando a velocidade e realizando manobras de zig-zag que puñan “en risco a integridade dos peóns así como do resto dos condutores que circulaban pola calzada”.

Nun determinado momento, prosegue o escrito de acusación, un dos imputados perdeu o control do seu coche chocando contra un vehículo que circulaba diante e desprazándoo fóra da calzada como consecuencia do impacto. A colisión provocou á condutora damnificada lesións que requiriron 204 días de recuperación e polas cales os acusados deberon indemnizala, en concepto de responsabilidade civil, nunha contía superior aos 20.000 euros, que xa foi satisfeita.

Os dous homes, acusados dun delito contra a seguridade viaria na modalidade de condución temeraria (en concurso cun delito de lesións imprudentes no caso do condutor responsable da colisión) recoñeceron este xoves os feitos ante a xuíza e aceptaron a pena. Coa atenuante de facer fronte aos cargos de responsabilidade civil, moi cualificado segundo a Fiscalía, os dous participantes na carreira de coches iniciada na cidade de Lugo foron condenados a unha pena de seis meses de prisión (que non chegará a facerse efectiva ao carecer de antecedentes penais) e a privación do dereito de conducir vehículos a motor e ciclomotores durante un período de tempo dun ano e un día.

ÚLTIMAS

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...